Comprar y vivir en Boiro.

28 octubre 2009

Bajan los impuestos en la compra-venta de viviendas.

Archivado en: Impuestos,Leyes,Ventas — jangelvid @ 7:22 pm
Tags: , , ,
A Xunta de Galicia acaba de publicar a lei 4/2009 sobre os impostos de trasmisións patrimoniais e actos xurídicos documentais, rebaixando as súas cuantías en determinados supostos, para así favorecer as compra-vendas de vivendas habituais. impuesto1

Tipo de gravame aplicable á adquisición de vivenda habitual:

  Para o  ITP: será do 4%, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

1. Que o adquirente se encontre nalgunha das seguintes situacións:
a) Ser membro de familia numerosa.
b) Ter unha idade inferior a trinta e seis anos.

2. Que se cumpran os seguintes límites de patrimonio:
a) No caso de familias numerosas: ate 400.000 euros, máis 50.000 euros adicionais por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa.
b) No caso de menores de trinta e seis anos: ate  250.000 euros de patrimonio da unidade familiar, máis 30.000 €  por cada membro.

Para o IAXD, na súa modalidade de documentos notariais: para as primeiras copias será do 0,3%, sempre que o contribuínte cumpra os requisitos indicados anteriormente.

Incompatibilidade con outros beneficios fiscais: No caso de que gozasen da redución prevista no artigo 16 da Lei 9/2008, do 28 de xullo, galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns, os tipos reducidos recollidos nos artigos 1 e 2 desta lei aplicaranse ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón.

Tipo de gravame aplicable á adquisición de inmobles incluídos na transmisión da totalidade dun patrimonio empresarial :

Para o ITP: nas transmisións de inmobles que resulten non suxeitas ao IVE, será do 4%, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a empresa ou o negocio profesional viñese exercendo efectivamente as actividades do seu obxecto social durante un período superior aos dous anos anteriores ao devengo do imposto.
b) Que o centro principal de xestión da empresa ou do negocio profesional se atope situado en Galicia e que se manteña durante os cinco anos seguintes á data de devengo do imposto.
c) Durante o mesmo período de cinco anos o adquirente non poderá:
c.1) Facer actos de disposición ou operacións societarias que, directa ou indirectamente, poidan dar lugar a unha minoración substancial do valor de adquisición.
c.2) Allear os inmobles obxecto de tipo reducido, salvo que a totalidade do importe se reinvista na adquisición doutros inmobles situados en Galicia. O reinvestimento do importe obtido no alleamento deberá efectuarse, dunha soa vez ou sucesivamente, nun período non superior aos dous anos desde a data de transmisión. Tamén se entenderá cumprido este requisito se as cantidades obtidas no alleamento se destinan a satisfacer o prezo do inmoble que se adquiriu no prazo dos dous anos anteriores á transmisión.
c.3) Desafectar os inmobles obxecto do tipo reducido ou ben os inmobles obxecto de reinvestimento da actividade empresarial ou profesional.

2. Se se deixasen de cumprir os requisitos establecidos, deberán pagarse a parte do imposto que se deixase de ingresar como consecuencia da aplicación do tipo de gravame sinalado na alínea anterior e os xuros de demora.

3. O tipo de gravame previsto neste artigo non se aplicará de oficio, terán que solicitalo os suxeitos na presentación da declaración do imposto, e non poderá rectificarse con posterioridade, salvo que a rectificación se presentase no período regulamentario de declaración.

Data de aplicación.  dende o 1 de xullo de 2009.
Para os menores de 36 anos, ata o 31 de decembro de 2011. Este prazo poderá ser prorrogado polas leis de orzamentos xerais da comunidade autónoma.

Advertisement

Dejar un comentario »

Aún no hay comentarios.

RSS feed para los comentarios de esta entrada. URI para TrackBack.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Theme: Rubric. Blog de WordPress.com.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.